Perdón por las molestias!
P.D.Hemos importado todos los post a la nueva dirección. Y se aceptan sugerencias...
GREGO II
Bacharelato (LOXSE)
Curso 2008-2009
Co presente documento imos actualizar a páxina web de Grego II na ciug resumindo nela tódolos documentos anteriores referentes á programación do curso e mais ás paau; para este curso 2008-2009 ativémonos a repeti-la práctica dos cursos anteriores, atenta
ás instrucións do Decreto 231/2002 (DOG 15 de xullo 2002, da LOXSE) aínda vixente. Pero a repetición desa práctica, xa ben sabida por
veterana, cérrase cunha nota final: proposta de nova programación 2009-2010 en adiante, que aproveita o novo Decreto de regulación da nosa materia (pola LOE) e que esperamos que sexa de interese para todos.
Parece que as experiencias de crecemento notable dos alumnos que escolleron grego i e ii no bacharelato e os resultados estatisticamente satisfactorios das paau aconsellan manter sen cambios a programación vixente das devanditas probas.
Opción A- XENOFONTE
Opción B – PLATÓNe en ningún caso haberá probas con textos doutros autores.
Como sempre, será posible para profesor e alumnos traballaren nunha soa opción ó longo de todo o curso, pois a proba terá sempre as dúas opcións. Na liña que seguimos desde hai anos, atenderemos sempre a buscar textos fáciles e claros na súa sintaxe e con sentido completo na
súa brevidade, de xeito que o alumnado non teña que facer sobreentendidos nin se sinta desorientado. Tamén seguiremos na tradición de que as preguntas se ateñan sempre ó texto.
O texto a traducir nas paau terá unha extensión máxima de tres liñas e para a cualificación desta tradución resérvanse sete (7) dos dez (10) puntos.
1)Un máximo de dous (2) puntos dos dez (10) puntos da cualificación total para a resposta a dúas preguntas que o alumno elixirá entre catro ás que dará pé o texto da tradución e, seguindo na experiencia das probas dos últimos anos, serán preguntas sobre puntos de análise morfolóxica ou de análise sintáctica de elementos presentes nese texto; tamén pode haber preguntas sobre palabras do texto que, elas mesmas ou con formas derivadas ou compostas, perviven son os chamados helenismos- nas linguas castelá e galega, especialmente nos niveis cultos, nas terminoloxías científicas e técnicas; por último, unha destas catro preguntas pode ser sobre o autor e o texto que se traduce: xénero, época, contido, etc.
2) Un máximo de un (1) punto dos dez (10) da cualificación total para a resposta a unha pregunta que o alumno elixirá entre dúas relativas ás obras literarias que tivo que ler. Mais abaixo repetimos a lista destas obras de lectura obrigada.
Seguen vixentes os criterios de que na corrección das traducións terán a mesma consideración os erros tanto de sintaxe e de morfoloxía como de vocabulario en canto anulen ou danen o contido correcto. Na tradución e na resposta ás preguntas valoraranse corrección e soltura sintáctica e léxica, ademais da corrección ortográfica, que mellor fose non ter nin que aludir.
NOTA SOBRE A PROGRAMACIÓN DOS CURSOS
Ó xa dito sobre as opcións de autores que se van traducir, A Xenofonte e B Platón, engadimos que no apartado de obras literarias, que, previa unha presentación polo profesor, o alumno debe ler e que nas paau serán contido da pregunta nº 4, de resposta obrigatoria e non optativa, a lista é: a) Homero, Ilíada, cantos I, VI, XVI, XXII, que condensan ben o argumento, ambiente e espírito da obra; b) os fragmentos dos poetas líricos Safo, Alceo e Arquíloco; c) Sófocles, Edipo Rei; d) Aristófanes, Nubes.
Sería bo que nas análises morfolóxica e sintáctica se fale en termos tradicionais e claros e ¡por favor! que o alumnado non se limite no folio da proba a unha silveira de raias e abreviaturas que non é fácil de entender nin cualificar. Ademais, o ton declarativo ou aseverativo dos textos que se traducen aconsella insistir na análise sintáctica nos termos lóxicos mais tradicionais, por exemplo, suxeito, verbo e predicado, complemento directo / indirecto /circunstancial, oración independente / principal / subordinada etc.
No referente á presentación da experiencia histórica e cultural na que temos unha parte das nosas raíces e, xa que logo, algo ou moito que aprender, haberá que insistir tanto nos puntos en que esa experiencia acadou niveis aceptables, mesmo vixentes, coma nos que estivo moi lonxe de ser progreso e modelo: son cuestións de interese, democracia,imperialismo, belicismo e pacifismo, desprezo dos bárbaros, situacións marxinais de mulleres, estranxeiros e escravos, posición do filósofo e do intelectual ante os problemas políticos, movementos de ilustración e crítica racionalista, crise da polis e apertura ó Helenismo etc. Obviamente, algunha destas cuestións pode ter presenza nas paau nalgunha das preguntas que deriven do texto que se vai traducir ou do apartado de obras de lectura obrigatoria.
NOTA FINAL: proposta de nova programación 2009-2010 en adiante
Pero agora o panorama parece moito mellor, a teor do texto do Decreto 126/2008 de 19 de xuño (DOG 23 de xuño, da LOE), polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, pois para grego i e ii disponse que os textos, que son o obxecto principal da materia, seleccionaranse entre autores de diferentes épocas e xéneros literarios, presentándoos tanto na súa forma orixinal, coas adaptacións necesarias
para facilitar a súa comprensión, como en traducións. O profesorado poderá servirse tamén de textos elaborados graduados que faciliten o acceso progresivo aos textos orixinais. Destaquei en negras o que me parece excelente novidade.
Obviamente, unha antoloxía con equis centos de versos, de textos sinxelos, e tamén arranxados para lles ripar as dificultades de dialecto, gramática etc. O problema máis serio que
considerar non está na axeitada forma que lles habería que dar ós textos “dialectais”, senón no vocabulario que os alumnos non van atopar nos seus dicionarios escolares.
Velaí a miña proposta de nova programación (2009-2010 en adiante, vixente xa a LOE) para Grego i e ii cara ás paau; una novidade que podería ter éxito e que esixe un traballo previo (antoloxía e edición de textos) no que moi a gusto ¡madía leva! tería eu parte activa, mesmo protagonista.
Espero opinións no meu novo e-mail juanjose.moralejo@usc.es, no 981 59 44 88, ext. 11884, e no despacho 420, Facultade de Filoloxía, Avda. Castelao, 15782 Santiago.