3/9/07

Teatro Clásico

Reproducimos a seguinte nota da SEEC Galicia:

"A delegación da SEEC en Galicia está á procura de grupos de teatro que actualmente teñan no seu repertorio obras do teatro clásico grego e romano, en versión galega ou castelá, con vistas ao festival anual de teatro grecolatino que se celebrará na cidade de Lugo na primavera do 2008. Todos aqueles grupos que estean interesados en participar coas súas obras escriban un correo-E ao seguinte enderezo, secretaria@seecgalicia.org, indicando o nome do grupo, director, obras a representar, teléfono de contacto e enderezo de correo electrónico."

No hay comentarios: